Contos a Contraluz
Describindo a noite para que brillen nela as estrelas; quen sabe se bágoas furtivas duns versos que nunca se escribiron. Radiografías de vidas cheas de pensamentos en voz alta convertidos en relatos, palabras que xogan coas luces e as sombras, claro escuros para reescribir os soños. Primeiro libro de contos e microcontos deste autor construídos cunha prosa tan poética que ás veces parece poesía, nos que o amor e o humor camiñan da man, ás veces enfróntanse e noutras ocasións danse as costas; deixando ao seu paso unha historia na que te envolve e te mestura cos seus personaxes, sorrís e estreméceste ao seu carón crendo que é a túa propia historia. Tes diante túa, un libro cheo de vida, de profundas reflexións en boca de personaxes que se achegan a ti e fante formar parte do seu relato con amor e con humor. Pódente deixar pensativo, enfadado, melancólico... ...Pero do que estou seguro é que non te deixarán indiferente.
Versión en Gallego de Relatos a Contraluz
Gastos de Envío y Manipulación
Al precio se le ha de sumar una cantidad en concepto de gastos de envío y manipulación que será calculada en el mismo instante de la compra, gracias